Venres. 26.04.2024
El tiempo

Aspaber aprende e ensina en Irlanda a loitar contra o abandono escolar entre as persoas con diversidade

4 meeting ASPABER en Irlanda
Aspaber aprende e ensina en Irlanda a loitar contra o abandono escolar entre as persoas con diversidade

Completa ponte a vivida pola familia de Aspaber en terras de Irlanda. Uns días de traballo comunitario en Drogheda no marco do o proxecto Europeo ERASMUS+ACADAS, que serviron para analizar as ferramentas funcionais contra o abandono escolar temperá e estandarización dos méritos educativos.

”Dende a nosa asociación compartimos os nosos resultados do proxecto de Formación Dual adaptado cómo éxito de acreditación laboral despois da Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.) Outro recurso interesante para nós foi o apoio laboral nas empresas de forma continuada”, explica Maria Dolores Fdez. A directora de Aspaber valorou moi positivamente coñecer de preto, por exemplo, a calificación estatal irlandesa por niveis, ou o servizo de apoio de formación específica para o profesorado na escola de Grecia.

Chegada a Irlanda (ACADAS)

O luns houbo tempo para unha exposición das ferramentas contra o abandono escolar temperá nos distintos países membros (Turquía, Croacia, Italia, Irlanda, Grecia e España), e unha conferencia con: Jane Carter (Leargas) - Oficial de Inclusión e Diversidade da Axencia Nacional; e Des Henry (WALK) - líderes dun movemento para o cambio, que trata de “emponderar ás persoas con discapacidade para que vivan dun xeito autodeterminado nunha sociedade igualitaria e inclusiva”.

O martes houbo testemuñas reais de cada zona que compartiron as súas experiencias vitais de abandono escolar.

Antes de rematar marcaron os pasos a seguir no proxecto para o último paquete de traballo do proxecto Erasmus+ ACADAS, que se celebrará proximamente en Croacia.

Novas relacionadas

Comentarios