Aspaber viaxou a Zagreb na fase final do proxecto ACADAS
Tras dous anos compartindo experiencias e realidades de distintos países como Italia, Grecia, Irlanda ouTurquía e Croacia, o proxecto ACADAS, liderado pola Asociación Aspaber, afronta a súa recta final.
Fixérono a semana pasada en Zagreb (Croacia), onde volveron afondar sobre abandono escolar, exclusión, avaliación e obtención de méritos das persoas con necesidades de apoio. Toca xa elaborar as conclusións e marcar a folla de ruta do proxecto para presentar nos distintos países participantes chamando a atención de Europa sobre a necesidade de fortalecer unha alianza transnacional para o recoñecemento do mérito educativo.
As conclusións do proxecto serán presentadas por ASPABER nunha xornada aberta, que se levará a cabo próximamente na que se pretende difundir, divulgar e definir os escenarios futuros e levar a cabo reformas que permitan aos estudantes encontrar un recoñecemento nos seus estudos e un traballo ao final dos mesmos.
Novas relacionadas
- Decembro 21: Aspaber aprende e ensina en Irlanda a loitar contra o abandono escolar entre as persoas con diversidade.
- Setembro 21: O proxecto Europeo ACADAS reúnese en Grecia baixo a coordinación de Aspaber.
- Novembro 2019: ACADAS: Aspaber pilota un Proxecto Europeo de escolarización das persoas con discapacidade.