Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Coñecendo a rede de abastecemento polo Día da Auga

Dia da Auga Carballo  2
Coñecendo a rede de abastecemento polo Día da Auga

O 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga, data para lembrar importancia de ter unha xestión sostible da auga doce. E para concienciar, a Concellaría de Medio Ambiente de Carballo e a empresa concesionaria do ciclo integral da auga no concello carballés, Gestagua, organizan unha actividade que permitirá a máis de 400 escolares de primaria coñecer cal é o proceso que permite que a auga chegue desde o río ata as billas dos seus fogares.

A partir do luns 18 realizarán visitas guiadas para todos os coles interesados, para alumnado dos niveis establecidos polos propios centros escolares. Xa están
confirmados todos os centros de ensino: CRA Ponte da Pedra, CPR Artai, CEIP Fogar, CEIP A Cristina, CEIP Nétoma-Razo, CEIP Xesús San Luís Romero, CEIP Bergantiños e CEIP Gándara- Sofán.

Ademais das visitas guiadas para os/as escolares de primaria, ao longo do ano realizarán xornadas de portas abertas para o alumnado de secundaria, persoas adultas, maiores e entidades de todo tipo. O obxectivo é concienciar á veciñanza sobre a importancia do uso eficiente da auga como recurso escaso, coidando deste xeito o medio ambiente e avogando pola sustentabilidade.

O xefe de servizo e director de operacións de Gestagua en Carballo, Benigno López, insistiu na importancia de concienciar á sociedade sobre a importante de preservar e protexer o medio ambiente a través do coidado dos recursos naturais, como é a auga. "As secas, cada vez máis frecuentes, e o aumento das temperaturas converten a auga nun recurso cada vez máis prezado, xa que, aínda que o 70% do planeta está cuberto de auga, a que podemos consumir os humanos representa só un 0,0007%. Por este motivo, apuntou, é moi importante educar aos nenos e nenas nese sentido, ademais de amosarlles como funciona o ciclo da auga, completando deste xeito a formación que se lles ofrece na aula e facéndoos conscientes de todo o traballo que hai detrás do xesto cotián de abrir a billa ou de tirar da cisterna", explican.

Comentarios