Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os contedores marróns xa están nas rúas de Carballo

colector_marron_carballo
Xa hai 200 colectores marróns polas rúas carballesas
Os contedores marróns xa están nas rúas de Carballo

Carballo e A Laracha son concellos pioneiros na instalación do colector marrón. O programa de reciclaxe da quinta fracción #Titesachave. Laracha xa o ten en marcha dende hai meses, e por Carballo están comezando con forza.

Xa son 480 familias e 80 grandes produtores os que participan no proxecto que arrincou esta semana coa instalación de 200 colectores de cor marrón en distintos puntos da zona urbana. As familias e produtores teñen a chave para abrilos e poder botar esa quinta fracción de residuos urbanos, que serán trasladados á nova planta de compostaxe de Sogama.

A intención é chegar a 2.000 familias, Calquera pode adherirse á proposta e recibir un kit (un caldeiro de 10 litros, tres atados de bolsas, un tríptico informativo e a chave) para comezar a axudar a coidar o noso medio ambiente. Poden preguntar no de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, no local de Carballo Limpo; ou os xoves e os domingos de feira, de 10.30 a 13.30 horas, no stand da rúa Coruña.

A iniciativa “Ti tes a chave” vén complementar o programa de compostaxe doméstica que temos en marcha dende hai seis anos na zona rural e no que participan xa 342 familias.

Novas relacionadas

Comentarios