Luns. 27.01.2020
El tiempo

A Laracha, xunto con Carballo, concellos pioneiros na implantación do colector marrón

O alcalde facía entrega o pasado mes de novembro de colectores marróns a varias familias voluntarias
O alcalde facía entrega o pasado mes de novembro de colectores marróns a varias familias voluntarias
A Laracha, xunto con Carballo, concellos pioneiros na implantación do colector marrón

Como vén facendo tamén o Concello de Carballo, o Concello da Laracha está sendo un dos primeiros en Galicia de poñer en funcionamento a quinta fracción de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos, o colector marrón de orgánicos-

Baixo o lema "Ti tes a chave", familias e empresas poden adherirse a esta proposta medioambiental para reducir os residuos orgánicos e darlle unha doble vida, pois se converterán en compost.

O colector marrón implantarase nos próximos días en A Laracha, Paiosaco, Caión e urbanización Monte Claro. De xeito que nos próximos días as familias voluntarias xa poderán baleirar os seus restos de comida nos cubos ventilados que se lles entregaron de xeito gratuíto para, a continuación, baixalos ao colector que estará na rúa. Soamente as familias que teñan a chave poderán usar este colector marrón.

O proceso de alta é voluntario e pode formalizarse na web municipal www.alaracha.gal ou acudindo aos puntos de recollida dos kits, na Casa do Concello, edificio administrativo e centro social da Laracha, no centro sociocultural de Paiosaco e no centro social de Caión.

Colector marron na Laracha-Si Non Ti tes a chave

Novas relacionadas

Comentarios