Sábado. 08.08.2020
El tiempo

A Laracha espalla o colector marrón da quinta fracción

Acción de promoción do programa Ti tes a Chave na Laracha
Acción de promoción do programa Ti tes a Chave na Laracha
A Laracha espalla o colector marrón da quinta fracción
Nos primeiros meses de funcionamento do programa Ti tes a Chave, a Laracha trasladou a Sogama máis de 32 toneladas de residuos orgánicos da quinta fracción da recollida selectiva, unicamente cun 4% de impropios. Unhas cifras que dan conta da boa acollida que o programa do colector marrón tivo na veciñanza da Laracha. Un programa que lanzou esta pasada fin de semana unha nova sesión informativa na Praza do Concello.

Laracha é xunto a Carballo, son os concellos pioneiros neste programa de reciclaxe selectiva, dende que comezaron o pasado mes de febreiro. Nestes momentos hai 477 familias e 42 grandes produtores (restaurantes, tendas de alimentación, etc.) dadas de alta no programa Ti tes a chave, nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión e da urbanización Monte Claro, utilizando o novo colector marrón.

Inscrición

Para poder empregar ditos recipientes é necesario darse de alta no programa Ti tes a chave e sumarse ao voluntariado marrón. As persoas que o fagan recibirán de xeito gratuíto un cubo ventilado, bolsas compostables e a chave para abrir os colectores. O trámite pode facerse no Concello, cubrindo o formulario dispoñible na web municipal e, tamén, acudindo ao posto informativo que estará mañá na Praza do Concello entre as 10:30 e as 13:30 horas. Nese lugar tamén se entregará o material a aquelas persoas dadas de alta e que aínda non o recolleron.

Novas relacionadas

comentarios