O Cosmos Artesanal de Luís Pesce abre a temporada do Estudo Garabato

09:56 12/09/22
Este pasado domingo, a sesión vermouth máis cultural de Carballo volveu celebrarse no Estudo Garabato de Mon Lendoiro. A inauguración da nova exposición, "Productos Cosmos Artesanal" de Luis Pesce, abre a tempada de exposición trás o verán.
Unha“exposición que “leva ao fogar o misticismo das constelacións”. Os doce signos do zodíaco impregnan a colección, centrada principalmente en pratos decorados a man, listos para colgar na casa. Ademais, engádense cadernos encadernados artesanais, acompañados de postais e marcapáxinas a xogo.