Luns. 07.10.2024
El tiempo

COVID: O Sergas afronta un novo cribado en Carballo pero non anuncia novas restricións

Cribado en Carballo
Imaxe dun dos anteriores cribados no Centro de Saúde de Carballo
COVID: O Sergas afronta un novo cribado en Carballo pero non anuncia novas restricións

Segue medrando a incidencia do covid, sobre todo, nos Concellos da Laracha e Carballo, seguindo moi vixentes as cifras de onte. En calquera caso a Xunta e o Comité Clínico anunciaban nunha rolda de prensa este mércores que non hai novas restricións no mapa de concellos costeiros, qeu seguen en nivel baixo.

En calquera caso, o Conselleiro de Sanidade si anunciou que se volven instaurar, a partir do sábado, límites na hostalería, cun máximo de 10 persoas non convivintes na terraza e 6 no interior.
En canto ao ocio nocturno, a partir do vindeiro mércores terán que esixir certificado de vacinación ou pcr nas 72 horas anteriores os establecimentos en concellos en nivel alto, medio e medio baixo, tendo en conta unha nova fórmula corrixida da Incidencia acumulada, engadindo datos de hospitalización.

Mentres hoxe se leva a cabo un cribado na Laracha, o Sergas comunica a realización dun cribado en Carballo, onde se veñen detectando 44 casos nos últimos 7 días. Desenvolverase este mércores 14 de xullo no Centro de Saúde, e serán citados por SMS os 3.190 carballeses de entre 18 e 30 anos.

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios