Sábado. 20.04.2024
El tiempo

COVID: Camariñas e Malpica, dous dos tres concellos galegos en nivel medio

Captura de pantalla 2021-06-16 a las 12.00.56
Datos do Sergas deste 15 de xuño de 2021
COVID: Camariñas e Malpica, dous dos tres concellos galegos en nivel medio

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte o nivel medio de restricións para os concellos de Camariñas e Malpica de Bergantiños, ademais do de Soutomaior.
O resto concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 19 de xuño.


O concello bergantiñán sufría un repunte de 10 casos na última semana (sendo 12 os novos casos rexistrados nos últimos 14 días) e chegando a unha incidencia acumulada a 14 días de 222 novos casos por cada 100.000 habitantes.
A taxa media comarcal de incidencia acumulada a 14 días segue rondando os 60 novos casos por cada 100.000 habitantes.

Fisterra, Muxía, Carnota, Corcubión, Muros, Mazaricos e Laxe quedan sen ningún novo positivo rexistrado nos últoms 14 días.

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios