Venres. 29.03.2024
El tiempo

COVID: Falece unha muller de 94 anos no HVdX

Datos COVID Costa da Morte 31-05-2021
COVID: Falece unha muller de 94 anos no HVdX

Dende o 27 de febreiro, o SERGAS non rexistraba ningunha morte, con coronavirus, no Hospital Virxe da Xunqueira. Volvía notificar unha este pasado día 30, tralo pasamento no centro ceense dunha muller de 94 anos, que presentaba patoloxías previas.

En calquera caso, a incidencia segue baixando, de feito só hai un internado no HVdX. En canto á incidencia, segue baixando, ata os 57 casos por cada 100.000 habitantes.

Coristanco, Laxe, Ponteceso, Mazaricos e Muros non presentan ningún caso nos últimos 14 días.

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios