Venres. 19.04.2024
El tiempo

COVID: Falece unha muller de 67 anos no HVdX

Hospital Virxe da Xunqueira-Foto-Rafa QUintans
Foto-Rafa Quintáns
COVID: Falece unha muller de 67 anos no HVdX

Levabamos 3 meses sen falecementos por mor da pandemia no Hospital Virxe da Xunqueira. E xa van dous nesta semana. O pasado día 30 falecía unha muller de 94 anos e o día 3 de xuño facíao outra muller, de 67, anos que presentaba patoloxías previas.

Mentres, a comarca, xa sen restricións en ningún concello, avanza na vacinación con datos baixos de incidencia, que ronda os 50 novos casos a 14 días por cada 100.000 habitantes.

Sorprende, en calquera caso, a subida do Concello de Zas, con 12 novos casos nos últimos 14 días (o único dos 19 que supera a barreira dos 9). Pola contra, continúan sen novos casos dende os últimos 14 días os seguintes concellos: Coristanco, Laxe, Malpica, Mazaricos e Muros.

Evolucion Covid 3 xuno 2021 na Costa da Morte

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

 

Comentarios