O curso de Cociña do Forum Carballo estrea o seu horto
 
              
    11:03 11/04/22 
            
                  O curso de cociña que se está a impartir no Fórum Carballo van poder utilizar moi pronto herbas aromáticas e flores comestibles cultivadas polo propio alumnado.
                              A Brigada Municipal de Xardíns rematou esta semana o acondicionamento dun pequeno horto no exterior das instalacións da Escola Municipal de Hostalaría, e o xoves a enxeñeira técnica agrícola Carmen Alonso ofreceulles unha sesión formativa teórica e práctica
A última parte da xornada consistiu na plantación do horto. Coandro, menta, ceboliño, ourego, pirixel, tomiño, loureiro... e flores de distintas cores encherán en pouco tempo o pequeno horto, que constitúe un valor engadido á formación que están recibindo os 15 alumnos e alumnas de Eva Arba.

 
       
       
             
             
         
           
          