xoves. 15.05.2025
El tiempo

Delimitadas as áreas de tránsito peonil nas marxes da rúa Vila de Negreira de Carballo

Delimitadas as áreas de tránsito peonil nas marxes da rúa Vila de Negreira de Carballo
rua-negreira-carballo Un treito importante da rúa Vila de Negreira de Carballo carece de beirarrúas Despois da proposta da Polícia Local, o concello de Carballo vén de acometer a delimitación de áreas de tránsito peonil en ámbalas marxes da rúa Vila de Negreira xa que - ao igual que noutras áreas urbanas pendentes de desenvolvemento urbanístico - hai un treito importante que carece de beirarrúas. Agora os peóns dispoñen dun espazo que, no que se refire á normativa de tráfico, ten a mesma consideración ca unha beirarrúa. A mellora da seguridade na rúa Vila de Negreira, que ten tamén moito tráfico pesado, é un obxectivo prioritario para a Concellería de Planificación e Mobilidade Urbana, que xa no seu momento optou pola instalación de pasos de peóns elevados e de coxíns berlineses para intentar reducir a velocidade dos vehículos. Agora dá un paso máis coa delimitación de dúas zonas reservadas para os peóns a ámbolos lados da rúa, e que irán acompañadas da correspondente sinalización indicando a prohibición de aparcamento. A mellora da iluminación, e polo tanto da visibilidade, neses treitos sen urbanizar é outro dos obxectivos nos que está a traballar o goberno municipal de Carballo, para o cal precisa da colaboración dos propietarios do solo. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios