Denuncian o colapso do Xulgado de Carballo pola precariedade de efectivos

A situación dos Xulgados de Carballo dista moito da estabilidade. Así o denuncia o sindicato Alternativas na Xustiza, que denuncia o estado de "colapso" que sofre o xulgado Mixto nº2 de Carballo, onde a Dirección Xeral de Xustiza leva sen cubrir unha praza de Tramitación Procesual a pesar de estarmos a apenas a un mes da entrada en vigor da Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servicio Público de xustiza nos tribunais de instancia da FASE I,
"A praza que está sen cubrir desde o 5 de maio, se prolongará mínimo ata mediados do mes de xuño, información da que é coñecedora a Administración, que cun total desprezo ao servicio público, segue sen cubrir a praza", sinalan dende o sindicato."A súa non cobertura está a repercutir directamente na oficina, especialmente no sinalamento de xuízos, declaracións, xuízos rápidos durante o período de garda do xulgados e evidentemente, sobre o propio traballo da garda semanal (declaracións, detencións, xuízos rápidos, denuncias...)"
Deste xeito, contabilizan o retraso provocado en apenas unha semana (do 20 ao 27 de maio) en 33 declaracións, 5 xuízos e todo o traballo propio do servizo de garda.
"As cargas de traballo que existen en Carballo, unido a uns cadros de persoal moi reducidos con respecto aos doutras comunidades autónomas, e ao Territorio Ministerio, fan imposible que o resto de traballadores poidan asumir ningún dos asuntos que hai na mesa do traballador de baixa", sinalan.
O de Carballo, un dos xuñgados máis colapsados de Galicia
Para entender a repercusión que ten a non cobertura dunha praza nos xulgados de Carballo é imprescindible coñecer as seguintes estatísticas a nivel de Galicia: Carballo é o 2º partido xudicial da Coruña con tres xulgados con maior entrada de asuntos ao ano con 4.800 procedementos/ano e o 4º de toda Galicia.
En Carballo se presentan case 600 execucións ao ano é o 1º partido xudicial en número de entrada de execucións con 525 execucións/ano.
Pola súa parte a pendencia, que o indicativo máis elocuente da situación que se sofre nestes xulgados, é a maior de todos os partidos xudiciais de Galicia alcanzando os 2968 procedementos.
"Con estes números recollidos nas distintas estatísticas do Consello Xeral do Poder Xudicial é imposible negar a cobertura da praza", entenden dende Alternativas na Xustiza. "A negativa por parte do Conselleiro Diego Calvo e do Director Xeral José Tronchoni vén demostrar univocamente que a Administración de Xustiza, e sobre todo os cidadáns, non lles importan nada ao Director Xeral e, moito menos ao Conselleiro", sentenzan.