O Derrubando Muros de Verán suma 4 novas obras de arte ao museo aberto de Carballo

O sábado tivo lugar a festa do fin do proxecto Derrubando muros con Pintura deste verán. Unha edición estival que serviu para sumar outros 4 lenzos ao museo a ceo aberto no que se ten convertido Carballo nos últimos 9 anos, superando xa as 100 obras de arte.
Foi un acto moi emotivo, cun encontro cos 4 artistas invitados, que responderon ás preguntas de Xosé Regueira, o Concelleiro gran valedor desta aposta pola arte urbana municipal.
Houbo ademais música con Quercus blues ou o monólogo da carballesa Uxía, para completar unha xornada que comezaba pola tarde no Rego da Balsa co nobradoiros de Parkour e de baloncesto para os máis peques.
5 novas obras de arte

A principal beneficiada foi a rúa Pontevedra, que conta con varias obras novas.
Aí quedarán a obra Andrés Urbieta (Carballo); de Nerea Vilariño (Carballo) e de Viki Rivadulla (Muxía), con esa Percebeira que ten ademais unha homenaxe a Paco Souto.
Nerea Barrientos (Vimianzo) deixou a súa pegada na rúa Arcebispo Romero de Lema.


Cómpre sumar unha nova peza, como é o mural colaborativo realizado no Obradoiro de Iniciación ao Muralismo. Unha obra deseñada por Isa Bermúdez e Nere Rama, que contou c oa colaboración de, María Barca, Tamara Calvo, Sara Vilariño e Ramón Lema, e que recolle o proceso de como facer o Pan de Carballo.
RELACIONADOS
-
O Rexenera Fest achégase ás 100 obras de arte no museo a ceo aberto de Carballo
-
“O Rexenera Fest fai Carballo máis camiñable e agradable de pasear”
-
4 novas obras de arte e moitas experiencias tras unha nova edición do Derrubando Muros con Pintura
-
A veciñanza valora a aposta do Derrubando Muros polos novos talentos carballeses