Xoves. 28.03.2024
El tiempo

4 novas obras de arte e moitas experiencias tras unha nova edición do Derrubando Muros con Pintura

Novos Murais do Derrubando Muros 2021
Os murais de Isa Bermúdez, Nazaret Franco, Nerea Rama e Tucho
4 novas obras de arte e moitas experiencias tras unha nova edición do Derrubando Muros con Pintura

Aínda pendente do remate do miural de Tucho (tivo que cambiar de ubicación polo que retrasou o seu inicio) este pasado domingo rematou a edición de verán do Derrubando Muros con Pintura. Ese proxecto pioneiro a través do cal o Concello de Carballo segue mudando feísmo por arte e vangarda, convertindo os terribles edificios realizados dende os anos 70 en lenzos que forman un museo a ceo aberto.

Hoxe en día xa é unha delicia pasear pola capital bergantiñá, pois vas atopando algún dos xa case 50 graffitis que embelecen e humanizan as rúas.

Todo comezaba co Derrubando Muros con Pintura aló polo 2013, pero aquela pequena proposta continúa hoxe sendo un exemplo de boas prácticas, contando ademais cun festival como é o Rexenera Fest que é unha referencia a nivel estatal.

Trala celebración da primeira semana desta edición de verán, xa puidemos comprobar que a veciñanza valoraba, e moito, a aposta polo talento local. I é que os 4 artistas invitados desta volta son da casa.

Derrubando nomes

Aí queda, na rúa da Igrexa, o neno sen infancia que retrata a vida dos refuxiados de Nazaret Franco. A perfectamente entendible “Herdanza” de Isa Bermúdez no cruzamento da rúa Xazmíns con Tomiño. O “Bailando na lúa” de Nerea Rama na Ludoteca, un dos espazos que garda no corazón por ter pasado alí moitas horas da súa infancia. E pendente está de rematar Tucho na rúa da Fábrica.

Moito máis

Concerto de Paulina
Concerto de Pauliña

Pero o Derrubando é moito máis que os propios graffitis. Houbo tamén concertos, como o de Pauliña, e obradoiros, unha das actividades estrella do programa. Varias ducias de nen@s disfrutaron pintando botando abaixo un muro coas súas pinturas, gozando de plena liberdade para facer as súas pequenas obras de arte.

Ademais, non podía faltar a ruta guiada polas obras, debullando cada unha das novas creacións.

Obradoiro de pintura no Derrubando Muros de Carballo

Novas relacionadas

Comentarios