A veciñanza valora a aposta do Derrubando Muros polos novos talentos carballeses

Chegamos ao ecuador da 8ª edición do proxecto Derrubando Muros con Pintura, con actividades e o proceso creativo dos 4 murais aínda en plena efervescencia. Con gran expectación acolle a veciñanza esta edición que aposta polos novos talentos, xa que os 4 grandes protagonistas son artistas da vila: Isa Bermúdez, Tere Rama, Nazaret e Tucho.
Xa vai moi avanzadas as obras de Isa, Tere e Nazaret, pero Tucho, que tivo que cambiar de ubicación, aínda está empezando. En calquera caso, familias e veciñ@s están implicadísim@s no proceso creativo, pois falamos de zonas céntricas moi concorridas, ou zonas “moi de barrio” nos que a veciñanza sinte propias estas obras. “O feito de que se valore á xente de aquí, ademais das novas xeracións é algo que se ten moi en conta pola veciñanza”, recoñecen dende Turismo Carballo.
A fin de semana estivo adeais chea de actividades. Comezaron cun Faladoiro entre os 4 nov@s artistas, que malia estar algo tímidos, foron soltándose co paso dos minutos e foron explicando que implica o reto de pintar na casa, e contando como se inspiraron para o seu deseño, relatando o traballo previo pero sen desvelar demasiado sobre como quedará. Na ruta do último día si contarán a historia completa de cada obra. Os 4 deixaron claro o orgullo e satisfacción que supón compartir espazo neste Museo ao Aire Libre que é carballo cos grandes artistas que teñen pasado polas edicións pasadas do Derrubando como do Rexenera Fest.
Máis programa
Queda aínda unha semana de edición, mentres os artistas rematan os seus murais. O xoves 19 de agosto hai un obradoiro de rotulación, de 10.00 a 14.00 h, nun escaparate do Mercado Municipal, para maiores de 16 anos, con inscrición previa.
Xa o domingo 22 hai obradoiro de pintura para crianzas de 6 a 11 anos en dúas quendas de mañá. Pola tarde, ás 20:30h, haberá Ruta guiada polos murais finalizados cos artistas, tamén con inscrición previa e con saída dende o Museo Bergantiños.
E xa ás 21:30, concerto con Pauliña. Palco da Rúa Jacinto Amigo Lera.
As inscricións nos obradoiros realizaranse a partir do xoves 12 de agosto a través dun formulario online que estará dispoñible en www.derrubandomuros.gal e tamén pode pedirse +info en turismo@carballo.gal e nos teléfonos 981 702 077 | 698 156 402.
As inscricións para a ruta guiada polos murais poderán facerse a través de turismo@carballo.gal e nos teléfonos 981 702 077 | 698 156 402, tamén a partir do 12 de agosto.
NOVAS DO REXENERA
- Xullo 2021: A creatividade local segue enchendo de cor Carballo nunha nova edición do “Derrubando Muros con Pintura”.
- Xuño 21: “O Rexenera Fest fai Carballo máis camiñable e agradable de pasear”.
- Maio 21: O Rexenera Fest, a mellor vacina contra o feísmo.
- Rexenera 20: Xosé Regueira, sobre o Rexenera Fest: "Necesitabamos osixenar a mente e a cultura é a mellor maneira de facelo”.
- Rexenera 2019: Así son os novos murais que enchen a Carballo de máis cor.
- 2019: A arte urbana segue reinventando a Carballo.
- Rexenera 2018: Carballo suma cinco novas obras de arte á súa galería ao aire libre.
- Rexenera 2017: O Rexenera Fest enche de cor as fachadas de Carballo
- Rexenera 2017: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest
- Rexenera 2016: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest.
- Rexenera 2015: Carballo, de exemplo de feismo urbanístico a gran museo ao aire libre.