Un detido por intrusión informática e estafa a unha empresa de Carballo
09:42 29/06/22
Un cidadán camerunés residente en Alcalá de Henares foi detido esta semana polo Equipo@ Coruña da Comandancia de Garda Civil da Coruña co apoio operativo da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional. O detido está acusado de realizar unha estafa por valor de 40.000€ a unha empresa de Carballo no marco da compra dun vehículo (a empresa perdeu finalmente a metade).
O equipo @Coruña trala investigación, puido determinar que o detido suplantaba a identidade dunha empresa de compraventa de vehículos, para enganar ás vítimas, facéndolles crer que pagaba as facturas á empresa suplantada, sendo realmente enviado o diñeiro a unha conta bancaria distinta.
Os 20.000€ tras entrar na conta bancaria “ponte” pasaban outras contas para posteriormente ser extraídos por parte do detido mediante presenza física en entidades bancarias e cajeros da zona de Madrid.Ao detido constábanlle antecedentes por feitos delituosos por delitos contra o patrimonio, foi posto a disposición xudicial dos xulgados de Alcalá de Henares.