Detidos os autores de dous roubos en Carballo
00:50 10/07/14
Axentes da Garda Civil de Carballo detiveron onte a dous veciños da localidade por participar presuntamente en sendos roubos na bisbarra.
O primeiro dos veciños está detido como suposto autor dun roubo con forza cometido nun establecemento da zona. O imputado violentou os accesos a un local da Av. Praia de Razo e levouse consigo diferentes obxectos valorados nuns 600 euros.
O segundo dos detidos está acusado dun roubo no interior dun vehículo que estaba estacionado na poboación de Vimianzo. Supostamente sustraeu do turismo diferentes obxectos que había no seu interior despois de romper unha das ventás.
O Xulgado de Garda de Carballo está traballando en ambos casos.