O Día da Diversidade, un día en familia en Carballo

Este martes 3 celebrarase na Biblioteca Rego da Balsa o Día da Diversidade, e para celebralo Íntegro artella unha festa familiar que inclúe un espectáculo de Mamá Cabra e unha merenda saudable. Unha cita familiar e reivindicativa, loitando para que o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ou Día da Diversidade, sexa festivo.
A partir das 18.00 horas, a Biblioteca Rego da Balsa acollerá o espectáculo de Mamá Cabra “Contos para un mundo mellor”, protagonizado por Gloria Mosquera e Diego Maceiras ao acordeón, e unha merenda saudable elaborada por usuarios e usuarias de Íntegro. O mércores 27 abriuse o prazo para recoller os convites, e esgotáronse nun só día.
O presidente de Íntegro incidiu en que “se nos últimos anos lévase moito falado de inclusión, e creo que Carballo é un exemplo de inclusión no sentido máis amplo da palabra. Carballo está dando un exemplo de inclusión laboral, económica, social, de accesibilidade universal”.