Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Casino1889 despide o inverno con libros e música

Casino 1889 Nuca
O Casino1889 despide o inverno con libros e música

Pendentes eternamente do xuízo, a vida do Casino1889 non para. O epicentro cultural da vida carballesa quere despedir o inverno cunha serie de actividades.

O venres 18, a partir das 20:30h, acollerá a presentación de “Un billete de ida”, a primeira novela -que xa se encontra nas librerías- de Raquel Fariña Veiga. Falarán coa escritora natural de Carballo sobre esta inquietante aventura ao máis puro Stephen King.

Para culminar a fin de semana, o sábado día 19 contaremos, a partir das 22h, cun concerto de NÜCA, o proxecto musical en solitario de Pablo Saenz Carballeira, compositor e produtor ferrolán. Nüca arrinca en 2019, cando Pablo decide dar o salto á música electrónica tras pasar por outros estilos, como o krautrock ou o postpunk.
Para esta cita hai unha doazón para o artista de 4.5€ socias (5€ público xeral). A reserva de entradas: [email protected].

NOVAS SOBRE O  CASINO

Comentarios