sábado. 19.07.2025
El tiempo

Do Anllóns ata o xardín da praza de Carballo

Do Anllóns ata o xardín da praza de Carballo
Dous acivros substituen ao cipres do xardin municipal retirado a finais de abril Dous acivros substituen ao ciprés do xardín municipal retirado a finais de abril O xardín da praza do Concello de Carballo xa ten dous novos inquilinos. Teñen aproximadamente dez anos e chegan dende o paseo do Anllóns, concretamente da zona do Muíño do Quinto. Trátase dos dous acivros que ocupan dende hai uns días o lugar do desaparecido ciprés que foi retirado a finais do mes pasado despois que un iforme técnico indicase que a árbore estaba morta e podía supoñer un risco para os veciños e veciñas.  Precismente unha das árbores estaba a piques de ser transplantada ao estar inclinado sobre o río e a piques de caer. Decidiuse movelo cun compañeiro ao xardín municipal para ocupar mellor entre os dous o espazo do parterre. Agora só hai que realizar os traballos de rega e mantemento e esperar a que prendan na súa nova ubicación. Para non deixar un baleiro no Muíño do Quinto, o concello plantou, así mesmo, outras tres árbores para substituír as transplantadas. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios