Dous eventos de alcance esta semana en Espiral Maior Foro
Semana axitada no Espiral Maior Foro de Carballo (Rúa do Sol, 34), con dous eventos singulares.
Este martes 11 de novembro, ás 20:00h, haberá unha Mesa redonda co título: “Deixou Suíza de ser o novo Eldorado para nós?". Nela participarán o xornalista e escritor galego-francés Antonio Rodríguez, especialista en temas económicos e sociais e autor do libro “Les chemins de la colère”, publicado en Francia; o avogado e escritor Xosé Antonio Andrade, e o xornalista carballés Santiago Garrido.

Xa o xoves, 13 de novembro, ás 19:30 h., terá lugar a presentación do libro do médico e político Martiño Noriega “Os médicos tamán enferman". Un libro que recolle as “memorias dun médico de atención primaria que son tamén unha ‘radiografía’ do estado actual da sanidade galega". Participarán no acto, ademais do autor, o escritor e político —referencia fundamental da política galega contemporánea—Xosé Manuel Beiras.
