Dúas menores carballesas investigadas por pegar, gravar e difundir a agresión a un compañeiro
Tremendo o acontecido o pasado mes de marzo nun instituto de Carballo. Foi o 11 de marzo cando 3 menores agredían ás portas do centro a un compañeiro. Un deles o que golpeou á vítima, resulta ser inimputable penalmente por ser menor de 14 anos; pero as outras dúas, maiores de 14 anos, instigaron de forma activa e persistente ao agresor para que continuase coa súa acción, gravando a agresión e difundíndoa posteriormente por unha aplicación de mensaxería instantánea.
Trala denuncia realizada pola familia, a Garda Civil do Posto Principal de Carballo comezou a investigación. Trala identificación dos presuntos autores da agresión, procedeuse a a investigación das dúas menores como presuntas coautoras dun delito de lesións e outro de trato degradante.
A Garda Civil lembra que, aínda que a idade legalmente establecida para ser penalmente imputable é de 14 anos, non exime da posible responsabilidade civil cuxo monto correrá a cargo dos seus titores legais, así como como que a gravación e difusión de vídeos sen autorización pode constituír unha infracción á Lei de protección de datos de forma autónoma.