Luns. 29.04.2024
El tiempo

Homenaxean aos dous xubilados da Policía Local de Carballo

xubilacion_andrade_anido (1)
Homenaxean aos dous xubilados da Policía Local de Carballo

Poucos policías locais de Carballo son tan coñecidos como José Ramón Anido e José Antonio Andrade, porque non houbo charla sobre seguridade viaria en colexios, institutos ou centros sociais na que non participase polo menos un dos dous, pero case sempre xuntos. E xuntos tamén entran nunha nova etapa das súas vidas, despois de asinar hoxe a xubilación nun acto celebrado na Alcaldía.

Evencio Ferrero fíxolles entrega de cadanseu carballo de Sargadelos cunha dedicatoria do Concello de Carballo e desexoulles moita sorte na aventura vital que agora emprenden. 

Comentarios