Martes. 23.04.2024
El tiempo

Eduardo Hermida estreou os seus Photographismos na Galería Garabato

Eduardo Hermida inaugurando a sua expo na Galeria Garabato de Carballo
Eduardo Hermida inaugurando a sua expo na Galeria Garabato de Carballo
Eduardo Hermida estreou os seus Photographismos na Galería Garabato

Este pasado venres, o artista ferrolán Eduardo Hermida fixo estrea da súa exposición "Photographismos" na Galería Garabato de Carballo. Unha cita que serviu para que o artista explicaseao público todo o seu proceso creativo así como a súa evolución como artista. O profesor de pintura e debuxo, repasou a súa carreira, como os 15 anos percorrendo as mellores salas do país co seu dúo cómico musical "Los Fabulosos Fockink Brothers”.

Falou tamén da súa intervención artística "Meninas de canido”, e debullou “Photographismos”, un “diálogo entre a fotografía e a pintura abstracta, buscando a comunicación entre as dúas disciplinas introducindo elementos escultóricos e musicais debido ás influencias entre as artes que marcaron a súa vida”.
Esta confluencia de técnicas dota ás súas obras dunha orixinalidade especial na que a realidade figurativa afronta masas e texturas cargadas de cor.

Eduardo Hermida na Galeria Garabato

Novas relacionadas

Comentarios