Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os empresarios de Bértoa piden conexión co transporte público e que se cumpran os prazos da Variante

Os empresarios de Bértoa piden conexión co transporte público e que se cumpran os prazos da Variante

Este pasado mércores os representantes do Polígono de Bértoa mantiveron unha reunión co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro. A intención era trasladarlle a necesidade de que a Consellería mellore a calidade do servizo de transporte público de cara a esta área industrial.

”Dada a envergadura do número de empregos directos que ten o Polígono e a perspectiva de que aquí a 3 anos se multiplique porque xa hai varios proxectos empresariais en marcha, e temos a medio prazo a terceira fase, consideramos importante que a Xunta inclúa dúas paradas na zona”, explica un dos representantes empresariais, Pablo Rodríguez.

”Foron receptivos, e lles pareceu unha demanda razoable, pero nos pediron afinar un pouco máis tema de horarios, polo que elaboraremos un estudo para ver cales poden ser as demandas das empresas”, sinala. En todo caso, “somos conscientes de que non é un asunto de hoxe para mañá”.

A Dirección Xeral de Mobilidade, unha vez dispoña dos datos concretos de orixes, destinos e horarios suxeridos polos empresarios, estudará os axustes nas liñas, analizando a posibilidade de engadir ou modificar paradas nalgunhas expedicións para facilitar a mobilidade dos veciños da área cara ao parque empresarial.
Os representantes da Xunta deixaron caer a posibilidade de que poñan en marcha un servizo de lanzadeira interna para favorecer o acceso ás paradas e, por conseguinte, ao polígono, que permitiría unha maior flexibilidade nos desprazamentos.

Aínda que a circunvalación si que é da mesma Consellería, non é o mesmo departamento o encargado, polo que o tema non saíu a colación. En todo caso, a sombra da Variante segue estando sobre todo. “Estamos satisfeitos de que vaia saír adiante e esperamos que os prazos se vaian cumplindo escrupulosamente, porque é unha infraestrutra moi importante para o polígono e para o municipio”, explica Pablo, consciente de que os primeiros prazos xa se incumpriron, mesmo antes da adxudicación do proxecto de redacción.

Novas relacionadas

Comentarios