Adxudicado o proxecto de redacción da Variante de Carballo

Non estará lista en 2022, como anunciara a Xunta. E veremos se no 2013. É certo que a Variante de Carballo, a necesaria circunvalación dende o polígono ata á estrada de Santiago, dá un novo paso adiante, pero moito máis despacio do esperado.
Xa pasaron 4 meses dende que comezaba o proceso de licitación, e onte a Xunta anunciaba a adxudicación, á empresa Noega Ingenieros S.L., da redacción do proxecto. Falamos apenas 132.000 euros dos case 15 millóns necesarios para poñer en marcha a infraestrutura.
A empresa ten agora 20 meses de prazo para ter listo o proxecto (xa estaremos no verán de 2022), e quedará licitar a obra, e executala…
Anos de demandas
A unión entre a estrada AC-552 na súa ligazón no polígono industrial coa autovía AG-55, a AC-413 e a estrada provincial dirección Santiago, é fundamental para evitar o tránsito do tráfico pesado polo centro urbano de Carballo, por zonas como instituto Alfredo Brañas, o colexio infantil e de primaria O Fogar, a escola infantil A Ledicia e a zona do complexo deportivo.
Novas relacionadas
- Novembro 2020: As diferentes lecturas dos Orzamentos da Xunta para Carballo.
- Agosto 2020: Novo retraso da Circunvalación de Carballo: Non estará lista en 2022 como anunciara a Conselleira.
- 08-07-2020: A Xunta licita o proxecto da Variante de Carballo a 4 días das Eleccións tras 14 anos de promesas.
- Decembro 2019: A circunvalación de Carballo comezará en Bértoa será licitada a comezos de ano.
- Agosto 2019: A Variante de Carballo comezará a ser unha realidade en 2020.
- Xuño 19: A Xunta comprométese a impulsar a Variante de Carballo.
- Marzo 18: A eternamente necesaria circunvalación do polígono de Bértoa que conecte con Santiago.