Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Entroido bergantiñán péchase en Cances co Circus Remember

Circus Remeber no Entroido de Cances-Carballo 2024
O Entroido bergantiñán péchase en Cances co Circus Remember

Semellaba que os Enterros pechaban o Entroido bergantiñán, pero Cances non queren pasar páxina, e aínda arman a última sesión para este sábado 24 de febreiro (certo que o local estaba ocupado o pasado sábado).

A partir das 20:00h, o Local Social de Cancelas acolle un Circus Remember, un Festival Musical Infantil con actuacions en directo con cancions interpretadas por nenos/as e con bailes. Saltarán ao escenario tamén rapaces e rapazas que participaron no festival cando aínda eran nenos/as e agora que xa son adultos e volven a participar facendo os mismos temas que cantaron fai 15 ou 20 anos,aderezadas coas proxeccións de trociños de vídeo recordando aquelas primeiras actuacions .

O remate do festival infantil farase tamen un festival adulto cun contido similar, lembrando actuacions de fai moitos anos e obviamente baseado no tema de este ano do entroido, o Circo.

Non faltarán as filloas e orellas, cun chocolate Mariño e ao remate haberá o baile de disfraces co grupo "Mar de Caión”.

Máis novas

Comentarios