Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Espazo Vivo Macramé e Visibles organizan un Obradoiro de sexualidade con David Kaplún

Sexualidade en Vivo Macrame
O Espazo Vivo Macramé e Visibles organizan un Obradoiro de sexualidade con David Kaplún

Este venres 19 de novembro, a partir das 20:00h, o Espazo Vivo Macramé de Carballo acolle un obradoiro de sexualidade impartido por David Kaplún. Organizado da man Asociación Visibles, pretender cuestionarse “o modelo de sexualidade que nos ofrecen os medios de comunicación, os comportamentos impostos socialmente e o noso autoconocemento para vivir unha sexualidade máis creativa, libre e saudable “

O antropólogo, investigador e documentalista David Kaplún, dirixe o seu traballo hacia a intervención social personalizada. Actualmente acaba de terminar unha investigación sobre “Masculinidad Hegemónica, Sexualidad Tóxica y Redes Sociales” en Castilla La Mancha.

E necesario facer a reserva de praza no 687996633 ou en info@asociaciónvisibles.com.

A charla chega co apoio do Ministerio de Igualdade e da Secretaria Xeral de Igualdade, Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, unha Axuda dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituída por estas, coa finalidade de potenciar a participación social e a calidade da vida das mulleres galegas.

Comentarios