Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Espazo Xove de Carballo ofrece un completo verán de actividades gratuitas para a mocidade

Programa Espazo Xove Carballo veran 2023
O Espazo Xove de Carballo ofrece un completo verán de actividades gratuitas para a mocidade

O Espazo Xove de Carballo (sito na Rúa Valle Inclán, 24)continúa vivo no verán con propostas para a xuventude , a gran esquecida dos programas culturais do país.

Así, o programa de verán inclúe obradoiros presenciais, vinculados a diferentes ámbitos: escape room, skate, ilustración, maquillaxe artística, teatro, robótica, escritura creativa, danza, audiovisual, radio, cómic, obradoiros de natureza e obradoiros artísticos manipulativos.

As actividades, todas gratuitas, desenvolveranse entre o 24 de xullo e o 12 de agosto, de 11:00 a 13:00 h, con preferencia para a rapazada de entre 12 e 16 anos (aínda que de haber prazas poden participar ata os 30).

Poden reservar a praza enviando un correo electrónico a [email protected] ou no 881 88 04 21 (luns a venres de 09:00h - 14:00h).

Comentarios