mércores. 04.02.2026
El tiempo

Espiral Maior Foro acolle unha cuádruple sesión do Seminario de Lectura sobre Otero Pedrayo

SEMINARIO EN CARBALLO. ARREDOR DE SI, ARREDOR DE NÓS.
Espiral Maior Foro acolle unha cuádruple sesión do Seminario de Lectura sobre Otero Pedrayo

Despois de inaugurar o ‘Ano Oteriano’ en Carballo, e en Galicia, coa sesión do Clube de Lectura de Espiral Maior Foro celebrada o pasado 24 de xaneiro arredor da novela de Ramón Otero Pedrayo “Arredor de si” —obra clásica da literatura galega por excelencia—, Espiral Maior Foro pon en marcha un Seminario de Lectura, Interpretación e Debate baixo o título “Arredor de si, arredor de nós”, tendo como base a novela do autor ourensán.

O Seminario oteriano de Carballo será dirixido e impartido por Luís G. Soto, filósofo, escritor e profesor titular da Universidade de Santiago, e celebrarase en 4 sesións os sábados 7 e 21 de febreiro e os sábados 7 e 21 de marzo, ás 11:30 h.

O Seminario está aberto a todas as persoas interesadas en participar nesta experiencia literaria e pedagóxica e para inscribirse e obter máis información sobre o mesmo está habilitado o teléfono 628 690 573.


 

Comentarios