sábado. 15.03.2025
El tiempo

O Espiral Maior Foro estrea este venres a exposición de Carlos Pereira

TARXETA INAUGURACIÓN Carlos Pereira
O Espiral Maior Foro estrea este venres a exposición de Carlos Pereira

O venres, 14 de febreiro, ás 20:00 h., terá lugar na Galería de Arte de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) a inauguración da exposición
de pintura “Symbólica Lux”, do pintor uruguaio-galego Carlos Pereira, que reúne 35 obras da súa autoría elaboradas en técnica mixta, xunto cunha oferta de máis de 30 obras sobre papel en pequeno formato.

Participarán no acto inaugural, acompañando a Carlos Pereira, o escritor, Premio Nacional de Literatura e ex Conselleiro de Cultura
da Xunta de Galicia Alfredo Conde; a poeta, pintora e crítica de arte Ánxeles Penas, e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.

Carlos Pereira (Montevideo, 1959) ten realizado diversas exposicións individuais en Galicia e ten participado en numerosas colectivas en Galicia e Portugal. O escritor Antonio Piñeiro definiu a obra de Carlos Pereira como “delicadamente simbólica, intimamente
filosófica e afervoadamente plástica e minuciosa”, nunha tensión que se alimenta do ’bestiario’ realista e entronca cunha moi persoal experimentación de carácter surrealista.

Comentarios