Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Espiral Maior Foro celebra o Día da Poesía cunha homenaxe a Luisa Villalta

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2024 Último
Espiral Maior Foro celebra o Día da Poesía cunha homenaxe a Luisa Villalta

Cita especial a deste 21 de marzo no Espiral Maior Foro, o espazo de refencia do eido cultural a día de hoxe na capital de Bergantiños. O espazo celebra o Día Mundial da Poesía e faino cunha homenaxe a Luisa Villalta, a coruñesa á que este ano vai adicado o Día das Letras Galegas. Intervirán Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Rodríguez Baixeras, Silvia Tasende, Tania Trigo e o propio organizador Miguel Anxo Fernán Vello.

Ademais, estarán acompañados polos violinistas Elisa Cereijo Mosquera, Carla Lema Lema, Rodrigo Ríos Louro e Cristian García Marcos baixo a presentación de Caro Pacoret.

Comentarios