Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Estreada a primeira parte da senda que une Coristanco e Carballo e que chegará ao Carrefour

Nova senda Carballo 0
Estreada a primeira parte da senda que une Coristanco e Carballo e que chegará ao Carrefour

Esta mañá de martes, unha completa comitiva institucional achegábase ata Carballo para inaugurar o primeiro treito da senda peonil que trata de permitir a conexión a pé e en bici entre Carballo e Coristanco. Primeiro, porque xa está aprobado o proxecto de ampliación que levará a senda ata o Carrefour de Coristanco a través da AC-552.

Este primeiro treito de 2,5km de senda xa está aberto dende o pasado mes de decembro e está a ser moi utilizada polos veciños de Montecelo que queren achegarse ata a capital bergantiñá, onde engancha xa cas beirarrúas urbanas.

A Xunta continuará esta senda con 2 novos treitos na AC-552 para favorecer o acceso a pé ao centro comercial, cun investimento de 716.000 euros. O proxecto licitarase na primavera.

A conselleira, ademais de anunciar que a primeira fase do proxecto da Variante de Carballo vaise someter a proceso de información pública nas vindeiras semanas, apuntou que levarán a cabo nos vindeiros días obras de humanización na estación de autobuses de Carballo, cun investimento próximos aos 50.000 euros, para crear un espazo de uso público máis aberto á vila, abrindo ao exterior a cafetería.

Novas relacionadas

Comentarios