Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A senda peonil de Coristanco chegará ao Carrefour

Mapa Planta xeral do treito cara o entorno do centro comercial de Coristanco
Mapa Planta xeral do treito cara o entorno do centro comercial de Coristanco
A senda peonil de Coristanco chegará ao Carrefour
Aprobou o Consello da Xunta comeza cas expropiacións para a execución de dous novos treitos da AC-552 en Coristanco. Unha senda que custará 716.000h e que serve para favoreder o acceso pé ao Carrefour.

Toca convocar o levantamento das actas previas das expropiacións para licitar a execución das obras no primeiro semestre de 2022, co obxectivo de poder iniciar as obras no segundo semestre do ano. Os traballos contan cun prazo de execución de oito meses. É dicir, a senda estará lista arredor do verán de 2023.

Hai ademais un novo treito taménentre Agualada e o Cemiterio de Agrilloi, entre os puntos quilométricos 44+300 e o 45+080, pola marxe dereita da estrada.

Planta Xeral itinerario núcleo de Bormoio

Planta Xeral itinerario núcleo de Bormoio

Senda de Xornes

Así mesmo, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu as ofertas de 5 empresas para executar as obras da senda entre Xornes e a igrexa de San Xoán, no concello de Ponteceso, que suporá un investimento autonómico de 446.000 euros. As obras comezarán na vindeira primavera co obxectivo de rematalas en 2022, xa que os traballos contan cun prazo de execución de seis meses, e quedará enlazada coa senda xa executada en Xornes-Buño-Canta la Rana.

Comentarios