Venres. 26.04.2024
El tiempo

A exposición itinerante “50 anos cambiando a historia do cancro” chega a Carballo

expo_cancro_carballo
A exposición itinerante “50 anos cambiando a historia do cancro” chega a Carballo
A exposición 50 anos cambiando a historia do cancro, unha iniciativa da Asociación Española Contra o Cancro, estará a primeira quincena de setembro na planta alta do Mercado Municipal acollerá do 1 ao 16 de setembro. A inauguración da mostra realizarase o día 1, ás 19.00 horas, cunha conferencia de Andrea Rodríguez, investigadora predoctoral da Asociación Española contra o Cancro na Coruña e do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic). 
 
A exposición recolle os fitos da loita protagonizada por esta entidade dende a súa creación en 1971, e reivindicar o reto actuail: conseguir un Plan Nacional de Investigación en Cancro que contribúa a seguir mellorando os índices de supervivencia das persoas que padecen a enfermidade para acadar o 70% no ano 2030.
 
A Asemblea Local de Carballo é unha das 2.000 que hai en todo o país, e están as mañás dos xoves no local do Mercado Municipal.

 

Comentarios