Falece un home que caeu a unha fosa dun zurro

Un home perdeu a vida esta tarde de venres en Carballo despois de caer dentro dunha fosa de purín. Sucedeu no lugar de Troián do Medio, na parroquia de Sofán, ao fío das 13:05 horas.
Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido. Indicaba no seu relato que o home atopábase a uns dous metros de profundidade no interior da fosa e engadía que, no momento dos feitos, o pozo estaba baleiro.
Cando chegaron os Bombeiros, os servizos sanitarios xa corroborar qque o home estaba falecido e había que esperar a que a xuiza de autorización para efectuar o rescate do falecido.
O rescate do cadáver foi complicado. Foi necesario facer mediciós no lugar da incidencia e na boca do pozo de purín co medidor de gases para comprobar que non hai gases que poidan afectar ao persoal intervinte.
Colocaron un trípode de rescate na boca do foso e descenderon ao interior equipados con ERA(equipo de respiración autónomo) para rescatar o cadáver.
Extraeron o cadaver mediante un polipasto anclado ao trípode de rescate e colaboraron coa Garda Civil e o equipo forense no traslado da víctima ao e vehículo de pompas fúnebres que se faría cargo do corpo para trasladalo..