Falece unha muller nun accidente entre dous coches en Razo

08:18 07/09/18

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a vítima viaxaba soa nun dos vehículos implicados, mentres que no outro turismo ían dúas persoas que resultaron ilesas.
Ata o lugar do sinistro desprazáronse os Bombeiros de Carballo, voluntarios de Protección Civil e axentes da Garda Civil de Tráfico tras a alerta do 112 Galicia. Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias xa tiñan mobilizados os recursos de atención, pero nada puideron facer por salvar a vida da condutora.
Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/excarcelan-unha-muller-tras-un-accidente-entre-tres-furgonetas/ Fonte- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- 112