xoves. 23.01.2025
El tiempo

A Feira Doce enche o último feirón do ano en Carballo

Feira Doce de Carballo-presentacion
No acto de presentación participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela; a concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez; a xerente do CCA, Yolanda Antelo; o empresario José Luis Rodríguez Capelet, patrocinador dos obradoiros de “Arte nas túas mans”, e Guillermo Mato, membro do grupo de rock The Cerne e da Asociación Musical Costa da Morte, de recente creacion.
A Feira Doce enche o último feirón do ano en Carballo

Esta fin de semana desenvólvese en Carballo a Feira Doce, unha iniciativa da Concellaría de Feiras e Mercados para destacar a respostaría lcal e dinamizar as feiras. Durante estes días 12 postos compartirán praza co último feirón do ano, estreando unhas bolsas que serán protagonistas nas vindeiras citas. 
Os postis estarán abertos o sábado de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, e o domingo de 11.00 a 14.00.

Panadeiros e reposteiros locais, e da comarca, estarán presentes. As panadarías, A Milagrosa e Pan Ignacio (Vimianzo), recentemente nomeada como unha das 50 mellores de España; o reposteiro Chisco Ramos; a xa mítica Churrería María; ou Fanucha’s, agora situada en Malpica.
Ademais, gracias ao CCA tamén estarán "Break Time", que arrasa coas súas galletas; "Sweet", que trunfa coas chuches, e "Terra Patagonia", cos seus alfajores. A última hora incorporouse tamén "Mmm Xeados!", que ocupará outro dos stands.

A comida maridadá coa arte da man das creadoras locais que integran a asociación cultural Cascabullo Isa Bermúdez, Tucho Caamaño, Crúa e Cousas de Razo tamén van ter espazo na feira. 

Obradoiros

Ao longo da finde vanse realizar obradoiros, algúns xa cubertos, pero para outros aínda se poderá inscribir no posto da feira.

Outras actividades: Música

A música empezará a soar mañá sábado ao mediodía cos Trasnos do Nadal. Tamén o domingo ao longo da mañá repiten os Cantos de Nadal. O domingo 29 estarán as cantareiras de Nemeth e San Campio de Cances e o Coro Aires de Bergantiños, que actuarán na carpa, no mercado municipal e na rúa Coruña. 

Pero o prato forte musical será o concerto solidario do sábado á noite, unha iniciativa que partiu das agrupacións locais e que, como non podía ser doutro xeito, apoiamos desde o Concello de Carballo. Elas son as verdadeiramente solidarias, porque Quercus Blues, The Cerne, Rusty Nuts e Lowcos, que actuarán por esta orde, van doar os seus cachés ás vítimas da DINA que arrasou a zona de Levante a finais de outubro. Neste concerto non se pagará entrada pero todas as persoas que queiran colaborar poderán facelo enviando un bizum ao número 33512, habilitado pola Cruz Vermella con esa finalidade.

Festa prefindeano

A actividade da fin de semana non remata aí, porque o domingo pola tarde, a partir das sete, teremos unha festa pre fin de ano na carpa, organizada pola concellaría de Terceira Idade, na que haberá cotillón, verbena con Rocío Pérez e Martín Carrión e xogos para todas as idades con Bonecos Animación.

Comentarios