Mércores. 17.07.2019
El tiempo

A Feira de Emprego da Cámara de Comercio en Carballo, unha oportunidade laboral para a mocidade

Imaxe dunha Feira de Emprego da Cámara
Imaxe dunha Feira de Emprego da Cámara
A Feira de Emprego da Cámara de Comercio en Carballo, unha oportunidade laboral para a mocidade

Aprender a buscar o emprego máis adecuado ao teu perfil profesional, utilizar as redes sociais e a sacar o máximo partido a unha entrevista de traballo… Estes son algúns dos temas que se tratarán na IV Feira de Emprego da Cámara de Comercio, que se celebrará o próximo 4 de abril en Carballo. Expertos en empregabilidade, xestión de emocións e autoemprego ofrecerán ademais servizos de orientación laboral personalizados ao tempo que haberá moitas empresas con procesos de contratación abertos.

O programa da feira está deseñado para que mozas que nin estudan nin traballan atopen no evento unha oportunidade laboral. Deste xeito, poñerase en contacto aos participantes con empresas con procesos de contratación abertos, que non se limitarán a recoller currículos sendo recomendable que quen acuda á feira leve o seu CV, senón que realizarán entrevistas aos candidatos.

O evento celebrarase no Fórum Carballo de 10.00 a 14.00 horas.

Imaxe dunha feira de Emprego da Camara

A Cámara de Comercio da Coruña poñerá a disposición dos novos puntos de orientación laboral. Trátase de servizos dirixidos por expertos en empregabilidade que analizarán as circunstancias e os perfís laborais para elaborar itinerarios a medida.

De carácter multisectorial, a inscripción na feira é gratuita e pode facerse na páxina web feriaempleoacoruna.es. Para participar é necesario estar inscrito no Programa de Garantía Xuvenil (PICE) que impulsa a entidade cameral desde 2015. As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao 981 216 072. As empresas tamén poden inscribirse en [email protected]

Novas relacionadas

Comentarios