Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Felipe Senén abrirá en Carballo a exposición Facer Camiño

Facer Camino da Real Academia Belas artes
Felipe Senén abrirá en Carballo a exposición Facer Camiño

Este mércores 22, ás 19.30h, Carballo estrea no Pazo da Cultura a exposición “Facer Camiño”. Unha exposición artellada pola Real Academia de Belas Artes que recolle obras de Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado.

O acto de apertura terá como protagonista ao historiador da arte e académico Felipe Senén López Gómez, que falará sobre “O mar, Bergantiños e os camiños de Compostela”.
Antes, darán a benvida o alcalde carballés, Evencio Ferrero, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.

A mostra, que estará aberta no noso concello ata o 24 de xaneiro, consta de 23 pezas de todas as artes: pinturas, esculturas e fotografías de relevantes artistas galegos, froito dunha escolma realizada pola comisaria da mostra, Asunta Rodríguez, creando un fío condutor a través de citas e referencias a Santiago de Compostela e á peregrinación xacobea de autores coma Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.

Comentarios