Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Fernando Cabeza Quiles presenta hoxe o seu libro sobre Galicia en Espiral Maior Foro

CABEZA-QUILES en Espiral Foro
Fernando Cabeza Quiles presenta hoxe o seu libro sobre Galicia en Espiral Maior Foro

Hoxe venres, día 17 de xuño, ás 20:00 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) a presentación do libro “Galicia, lo gallego y los gallegos”, publicado por Medulia Editorial e obra do escritor e investigador carballés Fernando Cabeza Quiles.

Acompañarán ao autor no acto o sociólogo Santiago Pazos, o escritor Xosé Antonio Andrade e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.

Fernando Cabeza Quiles, profesor, ensaísta e narrador, é un recoñecido estudoso e investigador da toponimia galega, e en particular da bergantiñá e carballesa. Membro do Instituto de Estudos Bergantiñáns e licenciado en Filoloxía Hispánica, é autor de máis de 10 obras literarias e de investigación.

Comentarios