Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As Festas de San Xoán, que terán dúas fins de semana, xa teñen gañador do concurso de carteis

Rockin Carballo 29-06-2019
O Rockin Carballo é un dos puntos fortes das Festas de San Xoán
As Festas de San Xoán, que terán dúas fins de semana, xa teñen gañador do concurso de carteis

Con boas datas chega este 2019 o San Xoán, que permitirá que unha das festas carballesas por excelencia poida incluír dúas fins de semana. Arrincarán o venres 21 co pregón e rematarán o domingo 30 coa Festa do Bosque. Unhas festas para todos os carballeses, para todos os gustos, pois combina verbenas, concertos, concursos, animación de rúa, espectáculos de todo tipo...

A semana grande durará 10 días, aínda que non todos serán igual de intensos en canto a programación. Como é habitual, os pratos fortes resérvanse para fines de semana e festivos. Teremos catro noites de verbena, os días 22, 24, 25 e 28, e o sábado 29 celebrarase o Rockin' Carballo.

Este ano o festival máis rockeiro reunirá a Vancouvers, Miqui Puig, Los Chicos, Terrier, Thee Blind Crows, Elvis Negro, Playa Desmayo, Cloaca e, como é habitual, Antón DJ para a fin de festa. Os asistentes poderán presenciar as evolucións das bandas do cartel nos dous escenarios dos que constará o evento: desde as 13:00 horas no Escenario Palmeira con sesión vermú a cargo de Miqui Puig, Praia Desmaio e Elvis Negro; e a partir das 19.30 no Rego da Balsa cos concertos de Vancouvers, Los Chicos, Terrier, Thee Blind Crows, Cloaca e pechando a noite Antón DJ. Como sempre, a entrada para os concertos é gratuíta.

Un cartel sobre… avoas

Cervo ilustrador carballes

Este ano o cartel das Festas de San Xoán será especialmente carballés, porque o seu autor é un artista da parroquia de Oza que, ademais, está empezando no mundo da ilustración. O seu nome é Cervo (na foto), e presenta unha proposta cargada de simbolismo que non farán pública ata a presentación do programa das festas pero que xa nos avanzan que representa o empoderamento das avoas e que non ten nada que ver cos carteis dos últimos anos.

Comentarios