Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O FIOT dalle á pausa pero non a stop

Familia do FIOT en Pausa 2020
Familia do FIOT en Pausa durante a presentación
O FIOT dalle á pausa pero non a stop

Toca parar. O FIOT non celebrará a súa 29ª edición, segundo anunciou este martes o director do FIOT e da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro. Unha decisión complicada pero necesaria para “poder garantir o futuro e a viabilidade nos vindeiros anos dun festival necesario para fornecer o tecido cultural e escénico de Galicia como da propia entidade cultural que promove a cita”.

Pero, a pesar de non poder levar a cabo a extensa programación que tiñan formulada, este outono de 2020 non quedará orfo de teatro. Se ben neste 2020 non poderán asistir os 16.000 espectadores de 2019 o FIOT, si que haberá posibilidade de acodir ao Pazo da Cultura nun programa escénico chamado “FIOT en pausa” do 9 ao 18 de outubro.

Pasarán pezas como Curva España, de Chévere (sábado 10), A lingua das bolboretas, recentemente estreada en Ourense (luns 12), Liberto, que opta a 7 galardóns nos Premios María Casares (sábado 17), ou Prostitución, que conta no seu reparto con Carmen Machi e Nathalie Poza (domingo 18).
Tendo un especial interese en apostar pola creación escénica galega, como son as propostas de formato non convencional como A xente 2.0, unha creación de María Vázquez e Víctor Duplá (venres 16), ou Live, unha performance dunha actriz galega que se agocha detrás da personaxe Emma Santos (sábado 10).

Ficción sonora

Un dos principais focos de atracción será a creación da artista multidisciplinar carballesa Rosalía Fernández Rial e dirixida por Quico Cadaval. A lúa, valvula de spray, coproducida por FIOT e  LIDISS (Laboratorio de Investigación en Innovación Social e Cultural Sostible) e ambientada na arte urbana carballesana, será a primera das creacións do “FIOT Fónico”. A estra absoluta será o 9 de outubro, e se desprazará por varios escenarios da localidade.

Micro-Escenas e exposición

As pequenas representacións do ertame de Micro-Escenas Metro Cadrado (M2) tamén estarán vivas en lugares como o Salón de Plenos da Casa do Concello, a Ludoteca Municipal, o Casino 1889, a Biblioteca Rego da Balsa ou as aulas do Pazo da Cultura acollerán propostas da cuarta edición do certame, que inclúe pezas de creadoras como Iria Pinheiro, Helena Salgueiro ou Ana Abad de Larriva, entre outras, e das que se poderán gozar os días 10, 11 e 17 de outubro. 

Ademais, co ánimode apoiar á creación local farase unha exposición de artes plásticas nomeada Pandemia. Novos retos con 20 artistas da comarca, que se poderá ver dende o 7 de outubro no Pazo da Cultura.

Cartel FIOT en pausa 2020 Carballo

Entradas e información

A limitación da capacidade dos recintos culturais por prevención da covid-19 supoñen tamén unha redución no número de entradas dispoñibles para as funcións. Nos vindeiros días coñeceremos o procedemento para facerse co billetes de acceso aos espectáculos, e lembran que as pezas do Metro Cadrado son de acceso gratuíto, previa reserva ao correo [email protected].

Calendario FIOT Carballo 2020

Novas relacionadas

Comentarios