Xoves. 07.11.2024
El tiempo

O FIOT recibe visitas especiais noutra finde de vertixe cultural

RON-LALA---JUAN-RANA---FOTO-DAVID-RUIZ-9328-PanoB
A de Ron Lalá é unha das visitas máis esperadas polo público- Foto: David Ruíz
O FIOT recibe visitas especiais noutra finde de vertixe cultural

Nova fin de semana chea de vida nas rúas e nos espazos cultuaris de Carballo gracias á 30ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. E iso despois dunha semana con importantes actividades como foi a estrea da exposición “30 fitos do FIOT” (aberta ata o 29 de outubro no Pazo da Cultura) como as Xornadas Profesionais de Escena Galega, na que participaron uns 50 profesionais do sector das artes escénicas de Galicia para abordar os “Retos do sector escénico profesional galego fronte a post-pandemia”.

Encontro Artes Escena Galega FIOT 2021
Encontro das artes escénicas

Os ollos xa están postas nas citas singulares desta finde, e primeiramente cómpre salientar o peche do programa Teatro de Rúa, que se despide cunha actuación gratuíta de SU.MA o venres 15, a partir das 20.00 horas, na praza do Concello.

Tamén cómpre destacar entre a axitada axenda, a visita da compañía de teatro de vangarda Voadora, que regresa aos escenarios galegos co seu celebrado “Othello”. A peza, dirixida por Marta Pazos, poderá verse o sábado 23, ás 20.30h, no Pazo da Cultural carballés.

Das máis esperadas (sábado ás 20:30h) é a chegada de Ron Lalá, unha das compañías máis queridas polas espectadoras e espectadores de Carballo (como proba, o Premio do Público acadado en dúas ocasións, no 2013 e 2016). O espectáculo, previsto inicialmente para a edición de 2020, representarase por fin no Pazo de Cultura ante un respectable desexoso de volver gozar cunha dramaturxia de Álvaro Tato dirixida por Yayo Cáceres. Nesta ocasión, Ron Lalá mestura realidade e ficción cua celebración dun xuízo que pode cambiar o curso da historia: a Insiquisión acusa a Juan Rana, o comediante máis célebrare do Século de Ouro, por facer rir co seu humor irrevetente e burlesco no que retrata a toda a sociedade.

Othello - Voadora © Estrella Melero 10
Imaxe de Othello de Voadora

Durante o sábado desenvolverase tamén a segunda xornada da V edición do Certame Metro Cadrado, desta quenda coas estreas absolutas de Na sombra, unha árbore, de Ana Abad de Larriva, e Os crocodilos son bichos extremadamente vaidosos, de Núñez&Is Socios Limitados, o novo proxecto escénico de Jimmy Núñez e Ernesto Is. Mentres que a primeira peza terá lugar ás portas da Bibliotec Rego da Balsa, a segunda será na cafetaría Xardín municipal. O FIOT lembra que as pezas deste certame con propostas creadas especificamente para desenvolver nestes puntos do espazo público de Carballo, abertas á cidadanía e que se poderán ver, nos dous casos, ás 12.30, 13.30, 18.00 e 19.00 horas. Para asistir, a organización recomenda realizar unha reserva previa a través do correo electrónico [email protected].

O ciclo OTNI tamén ofrecerá esta fin de semana, de xeito gratuíto, novas funcións dos dous espectáculos do FIOT Fónico dos que o público pode gozar a través dos dispositivos móbiles: “O espello que arde”, con dobre función de venres a domingo, e a “A lúa, válvula de spray”.

AXENDA FIOT - Do 15 ao 17 de outubr

15.10.2021 | 17.00 a 22.00 horas
Pazo da Cultura
OTNI | Onírica Mecánica: Ronem Ram

15.10.2021 | 19.00 e 20.00 horas
Estación Vella de Autobuses
OTNI | FIOT Fónico: O espello que arde

15.10.2021 | 20.00 horas 
Praza do Concello
Teatro de Rúa | SU.MAIkigai

16.10.2021 | 12.30, 13.30, 18.00, 19.00 horas
Biblioteca Rego da Balsa
Certame Metro Cadrado | Ana Abad de Larriva: Na sombra, unha árbore

16.10.2021 | 12.30, 13.30, 18.00, 19.00 horas
Cafetaría Xardín Municipal
Certame Metro Cadrado | Núñez & Is SL: Os crocodilos son bichos extremadamente vaidosos 

16.10.2021 | 19.00 e 20.00 horas
Estación Vella de Autobuses
OTNI | FIOT Fónico: O espello que arde

16.10.2021 | 20.30 horas
Pazo da Cultura
Programa de Sala | Ron Lalá e CNTC: Andanzas y entremeses de Juan Rana

17.10.2021 | 13.00 e 19.00 horas
Estación Vella de Autobuses
OTNI | FIOT Fónico: O espello que arde

Todas as fins de semana | A calquera hora
Fórum Carballo
OTNI | FIOT Fónico: A lúa, válvula de spray

 

Comentarios