A folga das traballadoras das residencias privadas mantense viva ata asinar o convenio digno

09:43 29/03/22
O pasado venres, tras varias xornada de mobilizacions, conseguían un preacordo para un convenio colectivo digno para as traballadoras das residencias privadas.
Pero a loita non desiste e este mesmo luns voltaron ás rúas para esixir a ratificación dese preacordo. Coas pancartas da CIG “Residencia de Maiores en Folga. Convenio Xa”, e “En loita por un convenio digno”, unha trintena de traballadoras realizaban unha manifestación dende a residencia DomusVi ata a praza do Concello de Carballo.
Hoxe, manteñen a folga están pendentes das asembleas que validarán, ou non o preacordo.