xoves. 19.06.2025
El tiempo

Formando auténticos profesionais da cociña

Formando auténticos profesionais da cociña
Peche do curso de hostaleria do Forum Carballo

Cómpre ir velas, porque as instalacións coas que conta o centro de Formación e Emprego do Forum Carballo son unha pasada. Máquinas pioneiras de soldadura, un espazo personalizado para cada mecánico, unha cociña impresionante para os aprendices de hostaleiros…

Estes meses, 40 mozos aproveitaron 4 accións formativas para desempregados. Uns cursos que remataban este mes, sendo o de cociña o último en pechar, con moi bos resultados, segundo se desprende tanto das valoracións dos estudantes coma do equipo docente. A profesora de cociña, Marisa Rodríguez, tamén os acompañou xunto ao concelleiro Marcos Trigo no seu último día, no que remataron o módulo formativo sobre creación de empresas.

O concelleiro de Formación e Emprego expresou o seu desexo de que os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos (o curso incluíu 80 horas de formación en empresas) lles sirvan para abrirse camiño no mundo laboral, e lembrou que a hostalería é un dos sectores que máis persoal demanda tanto a través do Servizo Público de Emprego coma da Bolsa de Traballo do Concello de Carballo.

Os cursos Accións Formativas para Desempregados (AFD), subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar, incluíron tamén módulos transversais sobre formación para a igualdade, inserción laboral, sensibilización medioambiental, creación de empresas e prevención de riscos laborais. Todas estas accións formativas levan aparellada a obtención dun certificado oficial de profesionalidade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios