A Fundación Manuel Facal reflexiona co padroado doutras fundacións
Dentro do convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Fundación Manuel Facal para conmemorar o 80º aniversario do artista Manuel Facal, ata fin de ano están a desenvolverse unha serie de actividades de homenaxe.
A próxima, programada para o xoves 5 de outubro ás 20:30 horas, reunirá no Espazo Casino 1889 a representantes doutras tres fundacións galegas, as dedicadas a Manuel Moldes, Eduardo Pondal e Uxío Novoneyra.
Xaime Díaz, Manuel Facal e Evencio Ferrero darán a benvida ao público asistente e presentar aos membros das tres fundacións que participarán nunha mesa redonda, na que explicarán as súas experincias na constitución e no desenvolvemento de cada proxecto e que servirán de exemplo para a nosa fundación e ao rematar haberá un coloquio aberto a todos os asistentes.