O Gabarato acolle un certamen poético/perfomático polo #25N
10:12 14/11/25
Este sábado 15 de novembro as 20:30 horas, o estudo Garabato de Carballo presenta co motivo da clausura da exposición "incógnitos" de Loli España e Jesús Artéxtasis o certamen poético/perfomático : "E..., xa que estamos de paso”. Un evento, que terá como mestra de cerimonias á propia Loli España, quere conmemorar o 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data dedicada a concienciar e erradicar a violencia de xénero en todo o mundo..
Contará coa actuación poética de Dora Mato, Carmen González Llorca, e Lucinda Andrade.
Ademais, actuará en clave de performance Jesús Artéxtasis, e cantará Susana de Lorenzo.